miércoles, 16 de enero de 2013

Recadados os cartos necesarios





MOITAS GRAZAS A TOD@S @S QUE FIXESTEDES POSIBLE O PAGO DAS MULTAS. Hoxe á mañá recaudamos todo o diñeiro necesario para sufragalas. Grazas aos que acódestedes ao concerto solidario e aos que tocástedes para nós; grazas tamén aos que organizáchedes o Magosto e recaudáchedes para a causa; a todos os colectivos que nos díchedes publicidade, e a toda a xente que ingresou o seu diñeiro e a súa solidariedade na nosa conta. A Subdelegación do Goberno non nos retirou a multa, deixando ben claro o seu afán recaudatorio e represor. Pero tod@s vos demostrástedes que somos moit@s os que seguimos coa loita, e que non haberá maneira de que nos paren; seguiremos defendendo unha educación pública que garanta o ensino e a igualdade para todas as persoas. Novamente, GRAZAS.

domingo, 13 de enero de 2013

Sobre as sancións impostas pola defensa da Universidade pública


Como a maioría sabedes, o pasado 25 de maio de 2012, un grupo de estudantes do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela que se viña organizando previamente para defender a Universidade pública, comezando cun peche na biblioteca Intercentros, decidiu levar as reivindicacións á rúa mediante unha serie de cortes de tráfico en distintos puntos do centro da cidade de Lugo. Á protesta, en todo momento pacífica, sumáronse nais e pais, membros da comunidade universitaria, representantes políticos e demáis. Tras tres cortes en diferentes puntos, durante os que a Policía foi quen de redirixir o tráfico, e nos que os conductores máis cercanos que podían escoitar as consignas e coñecer os motivos da protesta apoiábana, malia seren molestados pola mesma, a protesta disolveuse. Gran parte dos estudantes que participaron nela camiñaban cara o Campus de novo para celebrar unha asemblea. Durante o camiño, a Policía fixo acto de presencia na Rúa San Roque, e perseguiu e identificou a estudantes que xa nada facían senon camiñar polas beirarúas, coa protesta xa finalizada sen ningún tipo de incidente nin coa policía, nin cos conductores nin cos veciños, que manifestaron maioritariamente a súa solidariedade. Pese a actitude intimidatoria da Policía, os estudantes non responderon de ningún xeito violento. Algúns botaron a correr ante o medo pola excesiva mobilización policial, e outros identificáronse coma se lles ordenou. Varios dos axentes non ían identificados debidamente durante a intervención.
A partir de xullo comezaron a chegarmultas por valor de 200€ a trece dos preto de dezasete identificados, acusándoos de "... alteración de la seguridad colectiva, así como un grave desorden en una via pública originando grandes retenciones del tráfico..."
Tras o proceso de alegacións, a Subdelegación do Goberno rebaixou as sancións a 100€. Tras a segunda alegación, chegou o aviso definitivo de pago das sancións, que ten como data máxima o día 20 de xaneiro.
A solidariedade e organización da comunidade universitaria fixo posible recadar parte dos cartos a través de actividades coma un concerto solidario no Clube Clavicémbalo e un magosto popular organizado pola Liga Estudantil Galega. Pese a todo, aínda non foi posible recadar todos os cartos necesarios.
A maioría de nos, estudantes, non ten ingresos regulares, e non resulta fácil facer fronte ao pago das sancións. Temos motivos para chamar á solidariedade e á colaboración para sufragar estas multas. En primeiro lugar, considerámolas inxustas, xa que foron identificacións fóra da protesta e sen estar a cometer no momento das mesmas ningunha irregularidade. Ademáis, consideramos que esta actitude da Subdelegación do Goberno responde a unha vontade de amedrentar a comunidade estudantil, movementos sociais, asociacións e demáis colectivos que loitan polos seus dereitos contra as políticas imperantes nos Parlamentos. Finalmente, consideramos cousa de todos defender a Universidade pública, e cremos que moita xente estará de acordo coa nosa loita e querrá, na medida das súas posibilidades, ter un xesto de apoio nun momento de represión da loita estudantil. Os trece multados tras esta protesta poderían ter sido calquera de nós, xa que a norma é a criminalización da protesta social e a política intimidatoria e disuasoria.
Poñemos á disposición de calquera que quera aportar calquera cantidade económica un número de conta, tamén enlazado ao sistema electrónico de doazóns Paypal.
Agradecemos tanto a colaboración de parte da comunidade universitaria, que manifestou o seu apoio en varias ocasións, coma dalgúns partidos políticos, organizacións sociais e sindicais, movementos estudantiles... Queremos continuar esta loita pola defensa da Universidade pública de todos e para todos malia o medo que queren impoñer. As asembleas, reunións e actividades reivindicativas seguirán adiante. Seguiremos informando das nosas convocatorias.

Número de conta: 0049 6717 61 2690027112 (Banco Santander)
Doazóns a través de Paypal: correo asembleaintercentros@gmail.com
Recadados todos os cartos necesarios, grazas pola vosa solidariedade.

Doazóns para o pago solidario das sancións impostas por defender a Universidade pública

Número de conta: 0049 6717 61 2690027112 (Banco Santander)
Doazóns a través de Paypal: correo asembleaintercentros@gmail.com
Recadados todos os cartos necesarios, grazas pola vosa solidariedade.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Nin nas aulas, nin na casa! o 14N #PechamosAulas


O 14N queremos pechar as aulas!

Por iso, se tes prácticas obrigatorias ese día, se tes clase pero queres facer folga, se coñeces casos de profesores/as que porán falta ese día, etc. contacta a través de pecheintercentros@gmail.com, a través do blog ou das redes sociais.




Publicaremos a info e axudaremos a pechar as aulas ese día! Porque a folga é un dereito que non nos poden quitar.


Facebook: Asemblea Intercentros  www.facebook.com/PecheIntercentrosTwitter: @pecheinter


miércoles, 31 de octubre de 2012

Preparando a Folga Xeral... acude á asemblea o mércores 7!

A Asemblea Intercentros súmase á Folga Xeral do 14N, animando a toda a comunidade educativa a secundala.

Agora máis que nunca temos a oportunidade de sumarnos ás protestas contra as políticas do tixeretazo que o PP está aplicando, e que inciden especialmente nos servizos públicos. O principal sector afectado é ademais a mocidade, con máis dun 50% de paro xuvenil.

Como estudantes aplícannos a suba das taxas, recortes nas bolsas, levan a cabo reformas educativas que precarizan, mercantilizan e privatizan o ensino... Recortes orzamentarios e despedimentos de persoal... A USC, como toda a universidade pública no seu conxunto, está a sufrir tamén todo iso.

E nós, os e as estudantes, queremos impedilo e defender o noso dereito a estudar!

Por iso convócase unha nova asemblea o mércores 7 de novembro, ás 20 horas diante da Biblioteca Intercentros.


DIFUNDE E PARTICIPA!

miércoles, 4 de julio de 2012

CHEGARON AS MULTAS POLOS CORTES DE TRÁFICO

CHEGARON AS MULTAS POLOS CORTES DE TRÁFICO levados a cabo por alumnos e alumnas de PECHEINTERCENTROS por valor de 200 Euros cada unha (non sabemos se a todos e todas as persoas que estaban alí, pero a algunhas sí). Todos/as ás que vos chegaron ou que esteades dispostos a poñer diñeiro para pagalas entre todos/as, poñédevos en contacto coa conta de facebook de PecheInter, así como a de gmail ou twitter. GRAZAS DE ANTEMAN. PD:/ Cando se corta o tráfico polo fútbol ven que non hai multa ningunha, nin polo Día das Forzas Armadas, nin polos actos relixiosos... VERGOÑA DE PAÍS!!