martes, 29 de mayo de 2012

Concentración en Intercentros.Mércores 30 ás 19:00h

Dende Ourense nos informan: Carga policial contra os estudantes do peche.

Mañá ás 19:00h concentración en Intercentros en repulsa do acontecido.

http://ligaestudantilgalega.info/novo-peche-estudantil-desta-volta-en-ourense/

Asamblea Aberta.Este Xoves ás 20:30h


 O pasado martes 22 de Maio, un grupo de 25 alumnxs irrumpimos en Intercentros cargados con sacos de durmir e numerosas reivindicacións. E aquí nos quedamos. Esa mesma noite o número de estudantes dispostos a ocupar a biblioteca se duplicou. Dende entón non deixamos de sumar e, a pesar disto, seguimos sentindo que falta algo.
                                       
                                               FALTÁDENOS VÓS.

  A Educación pública encóntrase nun punto moi delicado, debilitándose máis cada día, o mesmo vemos que ocorre co noso futuro.
  
  O momento de facer algo é sempre AGORA. Nós estamos aquí. Dispostos a loitar. Permitídenos aproveitar todo o que tendes que aportar, aproveitádevos tamén de nós, da nosa xuventude e todo o que esta implica.
  
  O Campus de Lugo é unha comunidade que funciona cada día gracias ó traballo de todos. 

  Cremos que os que formamos parte dela, temos o dereito e o deber de protexela e coidala. A situación na que se encontra a educación, non afecta de maneira illada ós estudantes.
  
  Convocámosvos a unha asamblea aberta este xoves 31 de Maio ás 20:30h na porta da Biblioteca Intercentros. Traballaremos propostas conxuntas para compartilas convosco e vos animamos a traer as vosas.
   
  Este mesmo texto enviarase a cada un dos profesorxs e PAS do campus, adxuntando as nosas dez reivindicacións máis básicas.
  Isto ocorre a dous pasos do teu lugar de traballo, non o ignores, non nos ignores, porque tamén te afecta.

  Podedes dirixir as vosas cuestión ou suxerencias a esta mesma dirección de correo, ou pasar polo punto de información que temos na entrada de Intercentros:  pecheintercentros@gmail.com

                                          ¡¡¡VÉMONOS O XOVES!!!


miércoles, 23 de mayo de 2012

Ás 22:00h reunión co Vicerrector



Hoxe ás 22:00h temos unha reunión co Vicerrector da Facultade, en Intercentros.
Ven e apoia as nosas reivindicacións!

Wert se reúne este miércoles con rectores para informarles de nuevas medidas sobre tasas, becas e gestión universitaria.Desde Intercentros proponemos una medida infalible:WERT DIMISIÓN!

www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/05/22/grupo-alumnos-campus-lugo-inician-encierro-contra-recortes-educacion/0003_2012051337723834964938.htm

lunes, 21 de mayo de 2012

Peche Intercentros


            Os alumnos e alumnas da USC en Lugo, decidimos auto-organizarnos e levar a cabo, de forma conxunta, un encerro na Biblioteca Intercentros. O peche dará comezo o 22 de Maio, aproveitando a xornada de folga. A nosa intención é a de mostrar o noso absoluto reixeitamento á actual situación da Educación Pública, e, máis concretamente, á situación do sistema universitario, para o cal,  expoñemos as nosas reivindicacións a prol dun  ensino público e de calidade:
                                 
          O aumento das partidas orzamentarias adicadas a educación en tódolos niveis. Nin a crise nin calquera outro pretexto poden servir cando se trata do futuro da mocidade do Estado.

     Unha ratio adecuada de alumnos por profesor en tódolos niveis do ensino, coa consecuente mellora da calidade das condicións dos docentes e do servizo ao alumnado.
   
         Uns plans de estudo constantes,á marxe do último resultado electoral,elaborados por profesionais docentes e non por políticos influenciados por intereses distintos á educación.
    
      A gratuidade de facto do ensino primario e secundario,en canto a taxas e material escolar básico, e a concesión de becas suficientes e non de xénero crediticio para garantir o dereito á educación universitaria.

         A fin da interferencia dos grandes grupos financieiros nas universidades e a xestión completamente pública dos servizos ofertados polas mesmas.

      A marcha atrás ou reforma fundamental dos puntos centrais da Estratexia Universidade 2015 e a súa mercantilización da formación,aumento de taxas, interferencias do sector privado no ensino público e a primacia de valores de mercado ante os puramente académicos. Cómpre, pola contra,una universidade autónoma,formadora e non elitista.
      
         A rectificación dos pasos atrás que supón o Plan Bolonia en canto a normativas de permanencia, compatibilidade do estudo e traballo…

           A garantía dun ensino que respecte e poña en valor as características culturais e lingüísticas das diferentes rexións do Estado e a fin dos ataques á educación nas linguas propias dos diferentes territorios.
    
         A laicidade completa do ensino

           Un acceso digno ao mercado laboral ante o altísimo porcentaxe de paro xuvenil con todo tipo de graos de formación. Queremos solución laborais alternativas,alén da precariedade, a temporalidade ou a emigración que semellan ser as únicas ofrecidas pola clase política até o de agora.


              ACHÉGATE A INTERCENTROS,DIFUNDE, LOITA POLO QUE É TEU!!

   Twitter: @pecheinter