martes, 19 de junio de 2012

MAÑÁN MÉRCORES 20 DE XUÑO ÁS 21:00 QUEDADA MASIVA NA BIBLIOTECA INTERCENTROS

MAÑÁN MÉRCORES 20 DE XUÑO ÁS 21:00 QUEDADA MASIVA NA BIBLIOTECA INTERCENTROS. Fai dous días que polas noites abre unha única sala de estudo na que os alumnos e alumnas tentamos estudiar coma sardiñas nunha lata, sen lugar onde estudar con seriedade, onde enchufar os nosos ordenadores... e o que é peor: cun vergoñento argumento por parte de Universidade para facer tal cousa: "COA ACAMPADA DA BIBLIOTECA A UNIVERSIDADE XA GASTOU CARTOS DABONDO". Supoñemos que esta fin de semana pasada o Vicerreitor despilfarrou cartos dabondo nunha paparota con Feijoo e outros elementos (cos que foi visto paseándose polas rúas de Lugo nun acto relixioso) para celebrar a Ofrenda do Antigo Reino... É por iso que os estudantes e estudantas decidimos non tolerar que se burlen de nós tan descaradamente e imos esixir que NOS DEIXEN ESTUDAR impedindo que mañá peche pola noite a aula de estudo de Ciencias Básicas. QUE NON NOS TOMEN MÁIS O PELO, QUE A CRISE A PAGUEN OS QUE A CREARON.