Os alumnos e alumnas da USC en Lugo, decidimos
auto-organizarnos e levar a cabo, de forma
conxunta, un encerro na Biblioteca Intercentros. O peche dará comezo o 22 de
Maio, aproveitando a xornada de folga. A nosa intención é a de mostrar o noso
absoluto reixeitamento á actual situación da Educación Pública, e, máis
concretamente, á situación do sistema universitario, para o cal, expoñemos as nosas reivindicacións a prol dun ensino público e de calidade:
O
aumento das partidas orzamentarias adicadas a educación en tódolos niveis. Nin
a crise nin calquera outro pretexto poden servir cando se trata do futuro da
mocidade do Estado.
Unha ratio adecuada de alumnos por profesor en tódolos niveis do ensino, coa consecuente mellora da calidade das condicións dos docentes e do servizo ao alumnado.
Uns plans de estudo constantes,á marxe do último resultado electoral,elaborados por profesionais docentes e non por políticos influenciados por intereses distintos á educación.
A gratuidade de facto do ensino primario e secundario,en canto a taxas e material escolar básico, e a concesión de becas suficientes e non de xénero crediticio para garantir o dereito á educación universitaria.
A fin da interferencia dos grandes grupos financieiros nas universidades e a xestión completamente pública dos servizos ofertados polas mesmas.
A marcha atrás ou reforma fundamental dos puntos centrais da Estratexia Universidade 2015 e a súa mercantilización da formación,aumento de taxas, interferencias do sector privado no ensino público e a primacia de valores de mercado ante os puramente académicos. Cómpre, pola contra,una universidade autónoma,formadora e non elitista.
A rectificación dos pasos atrás que supón o Plan Bolonia en canto a normativas de permanencia, compatibilidade do estudo e traballo…
A garantía dun ensino que respecte e poña en valor as características culturais e lingüísticas das diferentes rexións do Estado e a fin dos ataques á educación nas linguas propias dos diferentes territorios.
A laicidade completa do ensino
Un acceso digno ao mercado laboral ante o altísimo porcentaxe de paro xuvenil con todo tipo de graos de formación. Queremos solución laborais alternativas,alén da precariedade, a temporalidade ou a emigración que semellan ser as únicas ofrecidas pola clase política até o de agora.
ACHÉGATE
A INTERCENTROS,DIFUNDE, LOITA POLO QUE É TEU!!
Gmail: pecheintercentros@gmail.com
Twitter: @pecheinter
No hay comentarios:
Publicar un comentario