martes, 29 de mayo de 2012

Asamblea Aberta.Este Xoves ás 20:30h


 O pasado martes 22 de Maio, un grupo de 25 alumnxs irrumpimos en Intercentros cargados con sacos de durmir e numerosas reivindicacións. E aquí nos quedamos. Esa mesma noite o número de estudantes dispostos a ocupar a biblioteca se duplicou. Dende entón non deixamos de sumar e, a pesar disto, seguimos sentindo que falta algo.
                                       
                                               FALTÁDENOS VÓS.

  A Educación pública encóntrase nun punto moi delicado, debilitándose máis cada día, o mesmo vemos que ocorre co noso futuro.
  
  O momento de facer algo é sempre AGORA. Nós estamos aquí. Dispostos a loitar. Permitídenos aproveitar todo o que tendes que aportar, aproveitádevos tamén de nós, da nosa xuventude e todo o que esta implica.
  
  O Campus de Lugo é unha comunidade que funciona cada día gracias ó traballo de todos. 

  Cremos que os que formamos parte dela, temos o dereito e o deber de protexela e coidala. A situación na que se encontra a educación, non afecta de maneira illada ós estudantes.
  
  Convocámosvos a unha asamblea aberta este xoves 31 de Maio ás 20:30h na porta da Biblioteca Intercentros. Traballaremos propostas conxuntas para compartilas convosco e vos animamos a traer as vosas.
   
  Este mesmo texto enviarase a cada un dos profesorxs e PAS do campus, adxuntando as nosas dez reivindicacións máis básicas.
  Isto ocorre a dous pasos do teu lugar de traballo, non o ignores, non nos ignores, porque tamén te afecta.

  Podedes dirixir as vosas cuestión ou suxerencias a esta mesma dirección de correo, ou pasar polo punto de información que temos na entrada de Intercentros:  pecheintercentros@gmail.com

                                          ¡¡¡VÉMONOS O XOVES!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario